libros |
|
Sandra Cinto
Libro editado por Dardo ds e pola Galeria Carlos Carvalho (Lisboa). 136 páxinas.
Edición: Dardo ds - Galeria Carlos Carvalho. Lisboa, 2007
ESPAÑOL, PORTUGUÉS E INGLÉS |
 |
Sin Título, el arte del siglo XX en la colección Berardo
Libro editado pola Fundación Barrié de la Maza con motivo da exposición do mesmo nome. Nel faise un percorrido pola historia da arte do século XX. 168 páx
Edición: Fundación Barrié de la Maza. A Coruña , 2006
ESPAÑOL, PORTUGUÉS E INGLÉS |
 |
Julian Opie
Libro editado pola Galeria Mário Sequeira (Braga). 72 páxinas.
Edición: Galeria Mário Sequeira. Braga, 2006
ESPAÑOL, PORTUGUÉS E INGLÉS |
 |
Baltazar Torres
Libro editado pola Galeria Carlos Carvalho (Lisboa). 96 páxinas.
Edición: Galeria Carlos Carvalho. Lisboa, 2006
ESPAÑOL, PORTUGUÉS E INGLÉS |
 |
Sen Xeración
Libro editado polo Auditorio de Galicia que repasa a historia da arte en Galicia dende os anos setenta ata o ano 2006., Realizado a propósito da exposición co mesmo nome celebrada no Auditorio de Galicia , o libro conta cun prólogo do crítico e comisario Alberto González-Alegre. 220 páxinas.
Edición: Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela, 2006
GALEGO |
 |
José Bechara
Libro co-producido pola Chocolataría e a galería Carlos Carvalho que repasa toda a traxectoria artística do artista brasileño José Bechara e relaciona as diferentes expresións e disciplinas que se cruzan no seu traballo. 92 páxinas.
Edición: A Chocolataría e Galería Carlos Carvalho. Lisboa/Santiago de Compostela, 2005
ESPAÑOL/INGLÉS/PORTUGUÉS/GALEGO |
 |
Del zero al 2005. Perspectivas del arte en Portugal
Libro editado pola Fundación Marcelino Botín e escrito por David Barro a partir do estudo de trinta anos de arte en Portugal. Co mesmo título que a exposición, o libro abarca os acontecementos máis relevantes deses anos en Portugal e recolle moitos máis artistas dos presentes na mostra. 275 páxinas.
Edición: Fundación Marcelino Botín. Santander, 2005
ESPAÑOL/INGLÉS
|
|
Voces de ATLÁNTICA
Coordinación editorial e autores das entrevistas e textos: David Barro e Carme Vidal.
O libro contén as seguintes entrevistas aos artistas de Atlántica: Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Xabier Correa Corredoira, Alberto Datas, Manuel Facal, Xosé Freixanes, Antón Goyanes, Armando Guerra, Ánxel Huete, Menchu Lamas, Antón Lamazares, Francisco Leiro, Manuel Moldes, César Otero, Antón Patiño, Alberte Permuy, Manuel Quintana Martelo, Silverio Rivas, Manuel Ruibal, Xesús Vázquez e Xosé Vivián, ademáis dos textos sobre os artistas que están na lembranza: Rafael Baixeras, Xosé Lodeiro, Francisco Mantecón, Guillermo Monroy, Reimundo Patiño e Mon Vasco.
Edición: Fundación Marco e Editorial Galaxia. Vigo, 2005
GALEGO
|
|
Seducidos por el accidente
Libro editado por David Barro e Agar Ledo que forma parte do proxecto Seducidos polo Accidente desenvolvido na Fundación Luis Seoane de A Coruña entre o 17 de marzo e o 19 de xuño de 2005. Os textos son o resultado dun ciclo de conferencias que tivo lugar durante a mostra, ademáis de un texto inédito de Paul Virilio.
Textos: Paul Virilio, Ignacio Ramonet, Fernando R. de la Flor, Jean-François Chevrier, Alberto Ruiz de Samaniego e Benjamín González Rodríguez.
Fundación Luis Seoane. A Coruña, 2005 ESPAÑOL
|
|
The Origin as Goal. Words and silences in Richard Long's walk
El origen como meta. Palabras y silencios en el camino de Richard Long/ A origem como meta. Palavras e silêncios no caminho de Richard Long
David Barro sinala como o acto de andar para Richard Long responde a unha actitude que deriva en xesto, en pegada. Nos seus paseos vese como un elemento máis do natural, intégrase, envólvese na súa inmensidade. Por eso traballa as formas máis elementais, o xesto mínimo. Para Long un sendeiro é un lugar; tamén unha situación que remarca as súas viceversas, un camiño de ida e volta. Long busca a experiencia do documento e non do monumento, de aí que as súas pegadas sexan mínimas aínda que o percorrido sexa máximo.
Edición: Galeria Mário Sequeira, Braga, Portugal, 2005 ENGLISH/ESPAÑOL/PORTUGUÊS
|
|
Sky Shout. A pintura despois da pintura
David Barro e Álvaro Negro xogan dialecticamente no ensaio realizado ex profeso para a mostra Sky Shout. A pintura despois da pintura, cos motivos dos virtuais decretos de morte á que se somete a pintura, rexeitando toda dúbida ao afirmar que a pintura segue viva e reflectir como este xénero foi quen de superar toda unha historia de crises e mortes que se trazaron sobre a súa manifestación.
Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela, 2005 GALEGO/ESPAÑOL
|
|
Rita Magalhães. Journeys through time
Rita Magalhães. Viagens no tempo/Rita Magalhães. Viajes en el tiempo
David Barro desenvolve unha viaxe dende o presente para, como a protagonista do relato, proceder a debuxar o pasado, a operar no xa sentido, a auscultar o aparentemente lido. O proposto, por tanto, é unha viaxe imaxinaria, como en definitiva é a artística, desas que nos permiten regresar ao presente, ao lugar de partida, en calquera momento.
Editorial Mimesis, Porto, Portugal, 2004 ENGLISH/PORTUGUÊS/ESPAÑOL
|
|
Imagens (pictures) para una representação contemporãnea
Imágenes (pictures) para una representación contemporánea
Este libro de David Barro é unha reflexión sobre o mundo da imaxe contemporánea feita a partir dunha pregunta: ¿continuamos crendo nas imaxes (pictures)? Pensemos na confianza cega nestas que amosaron os primeiros espectadores de L’arrivée du train de Vicennes (1897) de los Lumière, que quedaban presos do pánico ao pensar que a locomotora botábaselles encima. A ausencia dun hábito cinematográfico enchía a acción de realismo, un realismo anhelado polos Lumière, que fuxían das trucaxes características doutros cineastas como Meliès ao entender o cine como instrumento de investigación científica e de dubidoso futuro comercial; unhas cintas documento que como veremos tamén guiaron os primeiros ensaios videográficos.
Editorial Mimesis, Porto, Portugal, 2003 PORTUGUÊS/ESPAÑOL
|
|
Gary Hill. Poeta de la percepción
Gary Hill. Poet of perception/ Gary Hill. Poeta da percepção
Gary Hill fainos tropezar coas palabras, palabras convertidas en esculturas que chocan, á súa vez, coas imaxes.
Este artista, nacido en Santa Mónica en 1951, leva a linguaxe ao extremo, ao máis puro. Sabe que romper equivale a volar, a violar toda convención, toda norma da linguaxe. Esa liberdade, esa loucura, é, en último caso, poesía; por iso David Barro neste libro, como Hill, fálanos a partir de aproximacións, de tentativas, de bosquexos; por iso, en ocasións, esquécese da lóxica para primar a metáfora, o extremo.
Editorial Mimesis, Porto 2003 ENGLISH/PORTUGUÊS/ESPAÑOL
|
|
|
 |
 |