Saltar ao contido da páxina
David Barro
ir a libros. ir a publicacións. ir a artigos. ir a exposicións. ir a conferencias. ir a docencia. ir a outros. Enviar correo a David Barro.

 

DARDO MAGAZINE

[W] ART

GRIAL

ARCO ESPECIAL

ARTE Y PARTE

INTERESARTE

Editorial Galaxia

Hai agora cincuenta anos, un grupo de mozos que tomaran a iniciativa de reconstruír o Partido Galeguista na clandestinidade despois da guerra civil, atopáronse nunha situación política que non ofrecía alternativas claras de cara á reconstrucción das institucións democráticas. Diante desa perspectiva desalentadora pensaron que a desgaleguización progresiva da sociedade, especialmente aguda entre as xeracións máis novas requiría tomar medidas urxentes. Foi así como concibiron a idea de crear unha editorial que servise de centro aglutinador e legal do galeguismo e ao mesmo tempo fornecese os materiais necesarios para a toma de conciencia da sociedade a través da difusión e coñecemento da súa lingua e a súa cultura. Con ese apoio naceu a Editorial Galaxia no ano 1950, co apoio de grandes figuras do galeguismo. No ano 2000 cumpriu Galaxia os seus primeiros 50 anos de servizo á lingua e a cultura galegas.

GRIAL

A revista Grial naceu en 1963 impulsada e financiada por Galaxia. Dende a súa fundación, Grial propúxose ser un órgano de expresión cultural aberto, un espacio para o diálogo entre a cultura galega e a cultura universal e un lugar de encontro entre as sucesivas promocións do galeguismo. En xaneiro de 2003 iniciouse unha nova etapa de Grial coa renovación do Consello de redacción da revista. David Barro pasou a formar parte dese consello xunto a Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Xan Bouzada, Domingo Docampo, Carlos Fernández, Uxío Labarta, Carlos Lema, Alberto Meixide, César Portela, Andrés Torres Queiruga, Dolores Vilavedra e Ramón Villares. A revista está co-dirixida por Víctor Freixanes e Henrique Monteagudo.

ver artigos GRIAL>>

INTERESARTE

Interesarte xurdiu da ilusión dun grupo de xoves da primeira promoción de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, que quixeron facer chegar a arte á xente, mostrar a interrelación existente entre as súas disciplinas e reivindicar os diferentes papeis que o historiador da arte pode ter no contexto cultural actual. Interesarte foi unha revista feita en Galicia, por galegos e en lingua galega, que abarcou os distintos xéneros do mundo cultural dende unha posición centrípeta. O grupo Interesarte estaba formado por David Barro (director), Ramón Castaño, Antonio García Borrazás, Agar Ledo, Xosé Manuel Lens e Yolanda López e a súa pretensión era cubrir un oco que dende a súa condición de estudiantes apreciaban: a inexistencia dunha información sobre o acontecer da vida cultural galega. Quixeron encaixar no mecano xornalístico formado por unha banda polas publicacións especializadas e por outra, polos xornais e revistas de carácter xeral. Así mesmo trataron de unificar e aglutinar o máis posible as distantes críticas galegas focalizadas na Coruña, Vigo e Santiago. A publicación centrouse nas artes plásticas, pero tamén trataba outras manifestacións artísticas e culturais de carácter innovador.
Con todos estes propósitos naceu Interesarte, alá pola primavera do ano 1998, grazas ao apoio desinteresado que o escritor e editor Carlos Casares prestou para que este proxecto puidese facerse realidade. A publicación editouse durante doce números.

ver artigos INTERESARTE >>